PEATRO BREVE A IGREXA DOS DOUS SANTOS NUN SÓ ACTO ACTO ÚNICO PERSONAXES:
1)Santo na peaña.
2)Santa na peaña.
3)Crego.
4)Beata.
Abre o pano e vense dúas paredes dunha igrexa formando ángulo recto, diante dunha parede hai un confesionario, e diante doutra nun altiño hai un santo na peaña e enfronte del unha santa.
Escena primeira.
Silencio.
Os espectadores ollan pro escenario coa vista posta no confesionario.
Aparece un cura entrado en quilos e métese no confesionario, pecha a porta.
Silencio.
Pasan uns intres.
Os espectadores seguen agardando.
Silencio.
Soa un peido, o crego cágase.
Silencio.
Entra unha muller, leva un veo cubríndolle o peiteado, achégase ó confesionario.
O crego volve cagarse, soa outro peido.
A muller dá a volta.
Silencio.
Pasan uns intres.
Entra outra muller.
Achégase ó confesionario e axeónllase.
MULLER. Ave María Purísima.
CREGO (bota un peido.) Sen pecado concibida.
MULLER. Que di?
CREGO. Perdoa polo peido.
MULLER. A que me perdoen veño eu.
CREGO. E de onde ves?
MULLER. Da aldea.
CREGO. Xa se nota, muller, que ves moi perfumada.
MULLER. Que quere dicir?
CREGO. Que cheiras a raios.
MULLER. Debe ser do gando.
CREGO. Daquela dime, es unha pecadora?
MULLER. Son.
CREGO. E que pecados cometiches, muller, que pecados. Cóntallo todo ó Señor.
MULER. Así que vostede é o Señor ese que din que perdoa os pecados?
CREGO. Non, el está no ceo, eu só o represento.
MULLER. Aínda lle ha pagar un bo xornal.
CREGO. O salario base, pero despois prometeume o ceo e aló darame a gloria.
MULLER. Que Gloria? A muller do Pereira?, pois ela morreu o ano pasado.
CREGO. Non muller, non, a das peras.
A muller lisca, sae a modiño e pérdese por un recuncho do escenario.
O crego queda dentro do confesionario.
Silencio.
O crego sae, anda cara a unha esquina e queda fóra da vista do público.
Séntese abrir unha porta.
O crego bota unha mexada e tira un peido.
Súpeto tira da cisterna.
Silencio.
O crego volve ó confesionario.
CREGO (óese un eructo.) Arggg.
Silencio.
SANTO NA PEAÑA. Podías ir cagar ó carallo, digo eu, que non hai quen pare ó teu carón, demo de crego.
CREGO. Dorme o dorme, que cando espertas abres unha boca coma do campanario.
SANTO NA PEAÑA. Ti si que abres a boca, pajero, peideiro, tragador do carallo.
CREGO. Moi mal falas e diso que es un santo.
SANTO NA PEAÑA. Vai tomar polo cu.
CREGO. Non che dará vergoña, tes unha santa enfronte de ti, xa podías ter un pouco de vergoña. SANTO NA PEAÑA. Esta!, pobre dela que abra a boca e me replique.
CREGO. Tela acolloada. Maltratador.
SANTO NA PEAÑA. E máis lle vale que sega así.
CREGO. Machista, violador, cando fagan santa a Pepa a Loba, váiseche acabar o machismo. Silencio. Entra unha beata toda enloitada. O Santo na peaña bota un peido.
BEATA. Xesús.
SANTO NA PEAÑA. Non foi Xesús, fun eu.
CREGO (desde o confesionario.) E despois di que o porco son eu. Mangante do carallo.
SANTO NA PEAÑA. Cala, un día heiche mexar enriba que eu estou máis alto cá ti.
BEATA. Oi! Señor, méxame enriba, bautízame, móllame, os teus mexos son auga bendita.
CREGO (saíndo do confesionario e ollando pro santo na peaña.) Ves o que fixeches, agora a beata esta vai dicir por aí que o Señor mexou enriba dela e ha de se encher a igrexa de xente.
SANTO NA PEAÑA. Métete dentro do confesionario que pra iso se che paga.
CREGO. Explotador. Fascista.
SANTA NA PEAÑA (ó santo na peaña.) Xa estou farta de ouvirte. Cala, senón queres que lle diga ó cura quen lle rouba o viño da sancristía pola noite, despois non fas máis que mexar e dis que hai unha goteira no teito da igrexa.
CREGO. Xa mo parecía que mexabas moito, borracho do carallo. Silencio. Séntense pasos de zapatos de tacón. Entra outra beata.
SANTO NA PEAÑA. Velaí vén outra beata para que a confeses.
CREGO. Beatas do carallo, non lle deixan a un durmir unha sexta.
BEATA. Veño moi apurada, padre, quero confesarme súpeto.
CREGO. Daquela que che pasou miña filla?
BEATA. Non achegue tanto a boca ós buratos do confesionario que lle cheira o alento a alcohol que apesta.
CREGO. Pois se viñeras hai uns intres haberías cheirar a merda dos peidos que caga o santo que está aí enriba desa peaña.
BEATA. Dáme pena a santiña que está preto del.
CREGO. Bo! Ela xa está acostumada. O crego fala baixiño e a beata tamén que case non se lles oe. SANTO NA PEAÑA. Calquera día baixo confesarme eu.
CREGO. Non podes calar un intre, non ves que estou confesando a esta beata que ten máis conto que pecados. Silencio e murmurios. Óese un peido no confesionario.
BEATA. Amén.
CREGO. O olor alimenta, o meu está bendito de estar tanto tempo na igrexa oficiando misas e ouvíndoas tamén.
SANTO NA PEAÑA. Coma te oia o vello ha baixar do ceo pra botarte a patadas da igrexa.
CREGO. E a ti ha vir o demo e meterche un corno polo cu. A beata vaise. Silencio. Óense pasos de zapatos de tacón. Entra outra beata que vai dereita á porta do confesionario, abre a porta e quere entrar.
BEATA. Ou! Perdoe padre, pensei que non estaba ocupado.
CREGO. A onde ías miña filla?
BEATA. Ó retrete, padre.
CREGO. Pero este non é un retrete, non ves que este é un confesionario.
BEATA. É que como deste sitio sae olor a merda, pensei…
CREGO. A merda cheiran os peidos dese que está na peaña, pero os meus están bendicidos das misas que oficio e que oio.
BEATA. É verdade pois cheiran a viño de misa.
SANTO NA PEAÑA (solta un peido.) Prrroo! A ver a que cheira este.
CREGO. Non oes miña filla, non che dicía eu.
BEATA. Non me decatei, padre, como vén de tan arriba pensei que tronaba. A beata olla pra santa na peaña.
SANTA NA PEAÑA. Non pensarás que me caguei eu, ou si?
SANTO NA PEAÑA. Quen, ti? Ti só te bufas e bótalos ó caladiño.
SANTA NA PEAÑA. A ti non che preguntei nada, non ves que estou a falar coa beata.
CREGO. Miña filla non lle diga que foi ela, que baixa da peaña e arríncalle os pelos.
BEATA. Semella cabreada.
CREGO. E logo, miña filla, só querías cagar ou tamén confesarte?
BEATA. Bo! Case me pasaron as ganas de cagar. Daquela cando as volva ter xa veño e de paso confésome.
SANTO NA PEAÑA. Vaite, ho, vaite, cagona do carallo.
SANTA NA PEAÑA. Cala, animal!, que as escorrentar ós fregueses. Silencio. O crego sae do confesionario.
SANTO NA PEAÑA. Onde vas, aínda non acabaches a xornada laboral? Como baixe o vello has ir pro paro.
CREGO. E logo non hei ter uns intres pra ir cagar?
SANTO NA PEAÑA. Ti onde vas e pegarlle un grolo ó viño de misa e despois andas rebotando contra as paredes.
SANTA NA PEAÑA. Tédesme farta!
SANTO NA PEAÑA. Pois ingrésate nas clarisas.
SANTA NA PEAÑA. Machista. Silencio. Tocan as campas.
SANTO NA PEAÑA. Quéresme volver tolo?
CREGO. Hai que chamar á misa.
SANTO NA PEAÑA. Pois en vez de darlles unha ostia dálles uns pinchos de chourizo cun groliño de viño e xa verás como enches a igrexa.
CREGO. A igrexa non é un bar. Silencio.
CREGO (bota un peido bastante forte.) Proooooooooo!
SANTA NA PEAÑA. Menos mal que mañá tes que ir a catro enterros e non estás deitado no confesionario en todo o día, velaí que hei poder descansar un pouco que me poñedes moi nerviosa ti e o pailán do santo este.
CREGO. Que dis, ho? Mañá celebro as catro misas de defuntos aquí na igrexa.
SANTA NA PEAÑA. Pero non te has cagar coma un porco diante da xente, que tomaches a igrexa por unha corte.
SANTO NA PEAÑA. Este crego é capaz de cagarse e botarlle a culpa ó defunto, xa anda preguntando se algún dos mortos comeu fabada antes de morrer. Silencio. Entra unha beata.
BEATA (queda parada no medio o olla a todos os lados.) Esta igrexa semella baleira, onde andará o demo do crego?
SANTO NA PEAÑA. Mira aí no retrete, senón está cagando, esta na sancristía mareándose co viño. BEATA. E logo din que hai crise, pero ós lambóns dos cregos non lles falta o viño. E quen es ti, o que falaches?
SANTO NA PEAÑA. Son o santo que está aquí enriba desta peaña, daquela se non está o crego e tes presa confésote eu.
SANTA NA PEAÑA. Non muller, que non te tente o demo de confesarte con este, que como lle digas que cometiches un pecado cágase na nai que te pariu. E como lle digas que fornicaches chámache puta.
CREGO. Daquela prefiro agardar polo crego.
SANTO NA PEAÑA. Alá ti, pero xa podes tapar os fociños.
SANTA NA PEAÑA. E os ouvidos. A muller vai para o confesionario e axeónllase agardando polo crego. Silencio. A beata bota un peido.
SANTA NA PEAÑA. Arre carallo, e logo di este que só nos cagamos as santas. Silencio. Entra o crego. Camiña caendo para os lados.
CREGO (eructa.) Arggg.
SANTO NA PEAÑA. Anda axiña que tes unha clienta no confesionario agardando para confesarse. O crego senta no confesionario e achégase ós buratos que ten no lateral para comunicarse co fregués ou coa freguesa.
CREGO (eructa.) Arggg.
BEATA. Que di, padre?
CREGO. Ou, non dixen nada, miña filla, foi un aire místico que me saíu pola boca. A beata cágase. CREGO. Es ben porca, muller.
BEATA. Non, padre, foi una flatulencia dos grelos que me saíu polo cu.
CREGO. Bo! Ademais de ser unha peideira, que máis pecados cometiches, porque a iso viñeches, non si, a confesar os teus pecados?
BEATA. Home, pois non ía vir confesar os da veciña. Silencio. Pasa un bo anaco e a beata segue a murmurar co crego.
SANTO NA PEAÑA. Debe estar ben confesada, esta contoulle ó crego a vida de todo o pobo. Pasan uns intres, a beata vaise. O crego sae do confesionario e vaise.
SANTO NA PEAÑA. Vaite, muller vaite, vai saber para traerlle novas ó crego. A beata colle cara á porta e ó darlle as costas ó santo na peaña bótalle un peido. Proooo!
SANTA NA PEAÑA. Xa tiñamos cagóns abondo co crego e con este santo na peaña, para que agora tamén se caguen as beatas. Silencio. Séntense pasos de zocas. Entra unha vella enloitada, semella unha María, trae un pano na cabeza e por diante un mandil a raias con dous petos. Queda no medio da igrexa, dá voltas ollando, abre as portas do confesionario buscando ó crego.
VELLA (berrando.) Quen confesa aquí? Silencio.
VELLA. Aínda hei morrer antes de que me confesen. Aparece o crego limpando o bico cun pano branco.
CREGO. Non berres tanto, muller que aínda has espertar os mortos que están enterrados ó pé da porta da igrexa.
VELLA (poñendo unha man na orella para orientala como se fose unha antena.) Que é o que di? CREGO. Manda carallo, a vella é xorda coma unha tapia.
SANTO NA PEAÑA. A ver se ten sorte e tamén ten o olfato atrofiado.
CREGO (berrando.) Que queres, muller?
VELLA. Quero que me confese.
CREGO: Pois axeónllete aí tras desa ventá de buratos e confésote súpeto.
VELLA. Que di? O crego bota un peido. Silencio.
CREGO. Veña logo. Xa sabes onde te has poñer para confesarse, non si?
VELLA. Non! CREGO. Daquela nunca te confesaches?
VELLA. Non! CREGO (vota un peido) Prooo!
VELLA. Non sei que di. Non lle entendo latín.
CREGO. Que me contes os pecados.
VELLA. Iso dígallo ás mociñas, eu podería ser súa bisavoa.
CREGO. É unha maneira de falar e de recibir ó fregués ou a freguesa que se vén confesar á casa do Señor.
VELLA. Non lle dea tanto á lingua e confeseme axiña que temos para rato, se os pecados tivesen vulto coma as patacas non me ían chegar sete carros ben cheos para carretalos até a igrexa.
CREGO. E logo, muller, por que tes tanta presa agora en confesarte se nunca o fixeches?
VELLA. Está borracho ou non ten ollos na cara? Non ve o vella que son? Axiña hei morrer e non quero ira para ceo cargada con tantos pecados. Ademais, o ceo é costa arriba e eu xa non estou para cargar pesos.
SANTA NA PEAÑA. Esta vella ten os pecados pegados á pel que moi chea de merda está.
SANTA NA PEAÑA. Que diferentes somos, non é estraño que haxa santiñas coma min.
SANTO NA PEAÑA. Cala!, que ti es boa pola. Non das un pau ó aire, nin se che sente un peido, pero tíralos caladiños, mosquiña morta. Silencio. A vella e o crego murmuran. Súpeto, a vella érguese.
VELLA. Aquí castigan a unha de xeonllos para pagar os pecados coma cando ía a escola.
CREGO. Muller, e a tradición de axeonllarse no confesionario para confesarse.
VELLA. Daquela con este castigo xa terei os pecados perdoados cando saia da igrexa?
CREGO. Que non che quede dúbida que o Señor xa che perdoa nada máis comeces a pregar a primeira oración de penitencia.
VELLA. Carallo pro Señor que cobra ben caro. Ademais de foderme os xeonllos teño que pregar. A vella érguese e vaise pregando en voz alta un Pai Noso. Silencio. O crego non sae do confesionario. Silencio. Unha muller achégase á porta da igrexa, entra por unha beira do escenario diante do pano e move a cabeza pra diante e para os lados. O crego sae do confesionario e mira pra ela.
SANTO NA PEAÑA. Ai ho!, pregúntalle a esa que quere.
CREGO. A quen buscas, muller?
MULLER. Non busco a ninguén, e que por aí comentan que nesta igrexa cheira moi mal e a min os olores a merda non me sentan ben que padezo do estómago.
CREGO. Malas linguas dos impíos, no fagas caso, muller, que nesta igrexa até os olores son benditos.
MULLER. Pasarei logo. O crego dá a volta e métese no confesionario. A muller entra, cando chega á metade, a santa da peaña bota un peido, proooo!
SANTO DA PEAÑA. Porca!
MULLER (virándose cara ó santo.) Porco serás ti, peideiro, ten razón a xente.
CREGO (saíndo do confesionario.)Hei baixarvos da peaña e metervos na corte, que me espantades os fregueses.
SANTO NA PEAÑA. A culpa tena esta mosquiña morta.
SANTA NA PEAÑA. A culpa tivéchela ti por falar de máis.
CREGO (dá a volta e camiña.) Vou beber un grolo que pra aguantarvos a vós boa falta me fai, porcos da peaña.
SANTO NA PEAÑA. Cala, graxento, cirrótico do carallo.
SANTA NA PEAÑA. Os nosos peidos van dereitiños ó ceo e os teus quedan pegados á terra e cheiran a raios. A beata sae súpeto. Silencio. Entra unha beata coa boca tapada cunha careta antigas. Axeónllase no confesionario.
SANTO NA PEAÑA. Anda axiña, crego, que tes outra clienta.
SANTA NA PEAÑA. Isto xa colleu fama, a xente xa ben preparada.
SANTO NA PEAÑA. Pero estamos en perigo, pois o crego vainos votar a culpa a nós da fuga de gases tóxicos que hai na igrexa. O crego entra no confesionario.
CREGO (eructa argggg.)
BEATA. Fixen ben vir preparada contra as armas químicas.
SANTO NA PEAÑA. Pois agarda que as bote polo cu, isto vai semellar unha cámara de gas. CREGO. Non se pode entrar na igrexa disfrazada de carnaval, iso é pecado.
BEATA. Non se preocupe, padre, porque ese é o primeiro pecado que vou confesar, que entrei disfrazada na igrexa cunha careta.
CREGO. Es moi lista.
SANTO NA PEAÑA. Ai muller, se coñeces alguén que se queira suicidar, dille que se veña meter no confesionario, que aí dentro morre nun intre.
SANTA NA PEAÑA. Con que traia a cara descuberta xa lle abonda. Silencio. O crego a beata murmuran. A beata érguese e vaise.
SANTO NA PEAÑA. Aí vai outra vítima máis do crego. Despois todos son gastos para a seguridade social.
SANTA NA PEAÑA. Habería que prohibir os peidos en sitios públicos como se prohibiu o tabaco. CREGO. Calade, daquela a vós habería que botarvos a patadas da igrexa.
SANTO NA PEAÑA. Nós xa estamos no ceo.
CREGO. Se estiverades no ceo non estariades aquí cagándovos coma porcos. Compadézome de Deus se todos os que están aló con el son tan porcos coma vós.
SANTO NA PEAÑA. Non, ti non te preocupes que para o ceo xa non vas, tes máis pecados que Pilatos, roubas o viño sagrado e peideas coma un porco na casa do Señor.
SANTA NA PEAÑA. Nós somos testemuñas, e canto che chegue o xuízo final nós habemos ser testemuñas dos teus pecados para que te manden pro inferno.
CREGO. Mala chispa vos coma, que viñestes para vixiarme.
SANTA NA PEAÑA. Pecador!
CREGO. Senón foses muller, ías saber quen son eu.
SANTO NA PEAÑA. Covarde!
CREGO. Ide tomar polo cu, falsarios do carallo. Baixa o pano. Séntense peidos tras do pano durante un intre.
Escena segunda.
Abre o pano e aparece unha cinta de cores cercando a porta da igrexa coas seguintes sinais:
Non pasar da cinta, perigo de morte.
Fuga de gases.
Corentena.
Pechado por fumigación.
Pecha o pano.
Escena terceira.
Diante da igrexa hai un cartel que di:
Pechado por defunción do crego.
Abre o pano e aparecen catro persoas dous homes e dúas mulleres diante da porta da igrexa que está pechada.
HOME 1. Non vistes o xornal?
MULLER 1. Non, que di?
HOME 1. Di que se viron dous santos collendo o tren na estación.
HOME 2. E que se sabe do crego?
MULLER 2. Sei que apareceu morto no confesionario coa lingua de fóra, ó parecer quedou durmido e afogou co monóxido de carbono a causa dunha bomba de gas tóxico que lle estalou no cu. MULLER 1. Que deus o teña no ceo.
VOZ DENTRO DA IGREXA. Que queredes, que cerren o ceo tamén por contaminación? Ou tedes un negocio de caretas de gas? Terroristas do carallo. PANO
No hay comentarios:
Publicar un comentario